Sin categoría

Nigrán ofrece un roteiro polos murais de Lula Goce no municipio

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 23 de marzo desde as 10:00 horas un roteiro gratuíto polos murais da artista Lula Goce no municipio, unha saída encadrada no programa de paseos saudables iniciado no 2022 polo Concello e que consiste en camiñadas guiadas de dificultade baixa por lugares da localidade cun especial atractivo cultural ou natural. Os interesados deben inscribirse a través do mail oficinaturismo@nigran.org. Para resolver dúbidas ou máis cuestións: oficinaturismo@nigran.org / 699 859 418.