Sin categoría

32 equipos participarán na XV edición do Torneo de Minibasket do CB Baiona

Un ano máis volve o Torneo de Minibasket que organiza o Club Baloncesto Baiona os próximos días 22, 23 e 24 de marzo. Esta edición contará con 32 equipos de categoría alevín, 16 masculinos e 16 femininos, procedentes de Cataluña, Valladolid, Ponferrada e as catro provincias galegas. A fin de semana será de actividade frenética, xa que se disputarán un total de 74 partidos e reunirá na vila de Baiona a máis de 450 participantes.

O venres 22 de marzo arranca esta edición co clásico concurso de tiro por parellas. O sábado disputarase a fase de grupos e o domingo terán lugar os playoffs para todos os equipos. Terminando a edición pola tarde coas finais de cada categoría e a clausura do Torneo coa entrega de premios a todos e trofeos aos gañadores.

Desde o CB Baiona trabállase para que esta nova edición estea á altura das anteriores. Tamén desexan que os participantes gocen desta nova edición e sigan sumando experiencias tanto deportivas como de convivencia con equipos doutros puntos de Galicia e España.

VENRES 22

  • 18:00 h
  • CONCURSOS DE TIRO
  • Participación aberta a todos e todas

SÁBADO 23

  • 09:00 a 22:00 h
  • FASE DE GRUPOS

DOMINGO 24

  • 09:00 a 14:00 – PLAY OFF
  • 17:00 h – FINAL MASCULINA
  • 18:00 h – FINAL FEMININA