Sin categoría

Os obradoiros “Construíndo igualdade” percorren as parroquias de Baiona

“Baiona Lila 8M” tamén irá ás parroquias de Baiona con obradoiros “Construíndo igualdade”. Esta actividade dirixida a nenos e nenas de 10 a 12 anos terá lugar na Casa de Montes de Baíña este sábado 16 de marzo ás 17:00 horas. O domingo 17 de marzo ás 12:30 horas no Centro Cultural de Belesar para público infantil de 7 a 9 anos. A seguinte fin de semana, o sábado 23 de marzo, será ás 17:00 horas no Centro Cultural de Baredo para nenos e nenas de 5 a 6 anos. Para participar nestes obradoiros cesaria a inscrición previa chamado ao 986357552.