César Bona, mestre zaragozano considerado un dos mellores 50 profesores do mundo, captou o máximo interese da veciñanza nas dúas charlas impartidas onte no municipio a iniciativa do Concello de Nigrán e a ANPA do IES Val Miñor. Pola mañá, este reputado profesional da ensinanza acudiu ao devandito centro educativo para impartir unha charla baixo o título “¿Y esto, para qué?” a preto de 150 alumnos de 1º e 2º da ESO. Xa pola tarde, Bona ofreceu outra enfocada máis cara as familias nun Auditorio Municipal completamente cheo (esgotáronse as 170 prazas dispoñibles no segundo día de inscrición previa).
“O interese que espertou entre as familias foi máximo e, a verdade, nos enorgullece ver que temos unha veciñanza moi preocupada pola educación dos seus fillos. Estamos totalmente en sintonía cos principios que defende, así que cando desde a Anpa do IES Val Miñor nos pediron axuda para traelo a Nigrán non o dubidamos”, explica Estela Pérez, concelleira de Educación, e o alcalde, Juan González.
“En educación, el “Si quieres, puedes” suele ir de la mano del “Puede pero no quiere”. Sin embargo, la vida tiene muchos más matices. Creatividad, curiosidad o las motivaciones de cada uno son motores que hacen que avancemos en cualquier ámbito de la vida. A estas hay que sumar la autoestima, el respeto por uno mismo y por los demás e incluso el prisma por el que miras las cosas. Si el fin de la educación es darles herramientas para que crezcan, no podemos subestimar la importancia de ofrecerles aquellas que garanticen que crecen preparados”, explica Bona, quen conseguiu acaparar a máxima atención do alumnado do IES Val Miñor durante 60 minutos de moita participación da rapazada.
“Hay un estudio que dice que en nuestra vida conocemos a una media de 3.000 personas. Imaginad que pudiéramos aprender un poco de cada persona que nos encontramos. Una definición sencilla de educación podría ser ‘las herramientas que tenemos o que deberíamos tener para relacionarnos con nosotros mismos, con los demás o con el mundo en el que vivimos’. Todo que imaginamos, todo lo que vemos empieza en la educación, y al final, ya sea en esta o en cualquier otro ámbito de la vida, esa es la clave: conectar”, baixo este prisma, Bona impartíu ao público xeral a charla da tarde. “La educación es una inversión a largo plazo, porque lo que hacemos con niños y niñas en el presente tiene una respuesta en el futuro. Pero el mañana, en educación, comienza hoy”, sostivo ante un Auditorio Municipal co aforo completo.
Biografía
Nacido en Zaragoza no 1972, Bona é Licenciado en Filoloxía Inglesa e Diplomado en Maxisterio. Formou parte do Xurado dos Premios Princesa de Asturias, na categoría de Comunicación e Humanidades, en 2017, 2018 e 2019.
“As portas das escolas han de estar abertas, non só para que entren os nenos e as nenas senón para que as súas ideas saian e transformen o mundo”. Pensamentos como este son os que lle levaron ao Congreso Mundial polos Dereitos da Infancia, no XXV Aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia en México e en 2018 tamén participou no Congreso Mundial en Málaga. Polos seus múltiples proxectos vinculados á participación infantil recibiu o Premio Magister de Honra pola Plataforma da Escola Pública, o Premio Crearte do Ministerio de Cultura en dúas ocasións polo seu estímulo da creatividade, así como tamén a Cruz José de Calasanz, máxima distinción na educación aragonesa ou o Premio Medio Ambiente Aragón 2013. Ademais, obtivo a Mención de Honra no International Children Film Festival of India, pola película de cinema mudo “The importance of being an Applewhite” que fixo para unir a dúas familias que non se falaban. E tras os seus 16 anos de traxectoria, foi nomeado como un dos 50 mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize (2015). Entre os seus libros destacan “La nueva educación” (2015), “Las escuelas que cambian o mundo” (2016), “La emoción de aprender” (2018), “Humanizar la educación” (2021), libros que agora serven de referencia en moitas universidades. O seu último libro é “Educación sostenible” (2023). Ademais, para nenos escribiu unha adaptación de “El Quijote” (2017), “El asombroso mundo de Bernardo” (2018) e “Derechos y Deberes de la Infancia” (2019). A escoita, a empatía, o respecto ás diferenzas, a participación de nenos, nenas e adolescentes na sociedade e a educación para a convivencia son os piares que defende. Considera esencial o compromiso social e coa natureza como parte da educación integral do ser humano.




