Sin categoría

A Garda Civil investiga a unha persoa en Tui por abandono e malos tratos animais

O SEPRONA da Garda Civil de Tui investiga a un veciño da localidade por abandono e malos tratos animais. A protectora de animais Aloia de Tui, informa que a protectora de animais de Valença do Minho (Portugal) avisa do abandono de 3 cachorros por un vehículo con matrícula española.

Días despois reciben un aviso e trasládanse á PO-340 en Tui por uns cachorros que están a deambular pola zona, onde localizan tamén a un cachorro morto na beiravía da estrada.

Próximo a esta zona reside un veciño que posúe animais en condicións hixiénico-sanitarias moi deficientes, polo que se acode á súa vivenda e obsérvase desde o exterior da mesma a 5 cachorros de características similares aos abandonados en Valenca do Miño, que cede voluntariamente o investigado á protectora.

Con esta denuncia por parte da protectora, a Patrulla de Seprona de Tui, realiza inspección sobre as condicións hixiénico-sanitarias en que se atopan os animais situados en varios alpendres do domicilio do investigado en Tui, quen, tras explicarlle o motivo da súa presenza accede a mostrar o lugar onde se atopan.

Compróbase que todos os animais que posúe están nunhas condicións hixiénico sanitarias deficientes, con gran acumulación de esterco e zonas asolagadas por auga. Por iso investígase a este veciño, de 61 anos, con antecedentes policiais por feitos similares por un suposto delito de abandono e malos tratos animais, e as dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Tui.