“Vincios, unha parroquia con son” é o nome do seguinte acto dos pertencentes ao ciclo de faladoiros dedicados á música do Val de Miñor. O acto terá lugar o vindeiro xoves 14 de marzo ás 20:00h no local do IEM (Avda. da Feira, 10, Gondomar). Presentado por Félix Rodríguez Míguez, integrante do blogue “Palcos da Música”, contarán coa presenza de Pablo Rial Salgueiro, director do coro galego “Cantares do Brión”; Rosa González Otero, presidenta da Agrupación Musical de Vincios; e Beatriz Fernández Alonso, presidenta da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.
Vincios, unha parroquia con son

