Sin categoría

I Homenaxe a Esteban Pérez “Epi” en Vilaza

A Comisión de Festas de Vilaza 2024 organiza este sábado día 16 de marzo a I Homenaxe a Esteban Pérez “Epi”. O evento comezará ás 11:00 da mañá no Torreiro de Festas de Vilaza e contará cunha exposición de coches de competición. Haberá sorteo de agasallos durante todo o día e bocadillos.

Esteban Pérez, nacido en Gondomar, era un piloto de rallymix, autocrós e rallys, falecido en febreiro de 2023 aos 40 anos de idade tras meses loitando contra unha longa enfermidade. Habitual do Campionato Galego de Rallymix aos mandos dun facilmente recoñecible BMW de cor lima e tamén participante esporádico na modalidade de rallys, era un piloto moi querido polos seus compañeiros de especialidade, ademais de polos afeccionados, que sempre recoñecían a súa xenerosidade na condución. Na tempada 2017 proclamouse campión galego da modalidade de Rallymix na agrupación 4, copilotado polo tamén gondomareño Ezequiel Salgueiro.