Sin categoría

Convocan ao baionés “Kopa” para a fase final nacional da Copa das Rexións UEFA

Son os elixidos, son os 18 futbolistas que defenderán a camisola da Selección Galega cun claro e único obxectivo: revalidar o título na fase nacional da Copa das Rexións UEFA. O seleccionador Iván Cancela deu a coñecer o pasado xoves a convocatoria definitiva para a fase final do torneo que terá lugar do 15 ao 17 de marzo na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Entre os seleccionados está o baionés Antón Iglesias “Kopa”, do Rápido de Bouzas. O combinado galego, tras superar na Fase Intermedia a Asturias, xa apunta con todo ao seu rival na semifinal do venres 15 de marzo ás 12:00 horas: Castilla-La Mancha.

Galicia, vixente campioa de España e de Europa, quere revalidar o título e volver converterse no representante español na fase europea da Copa das Rexións UEFA, a competición por antonomasia do fútbol afeccionado no continente. O primeiro obxectivo está claro: conquistar o título nacional. Os nosos disputarán a primeira semifinal ante Castilla-La Mancha o venres 15 de marzo ás 12:00 horas. Ese mesmo día, Aragón e Andalucía xogaranse a partir das 16:00 horas a outra praza para a final, prevista para o domingo 17 de marzo.

Convocatoria

Os 18 futbolistas convocados para a fase final nacional da Copa das Rexións UEFA son os seguintes:

A expedición viaxa o xoves

A Selección Galega viaxará rumbo a Madrid o xoves á primeira hora da mañá e realizará pola tarde, e no mesmo escenario do partido do venres, o último adestramento oficial previo á semifinal ante Castilla-La Mancha.

En directo

As dúas semifinais e a final desta fase nacional da Copa das Rexións UEFA serán retransmitidas en directo a través das canles oficiais de comunicación da RFEF.