Sin categoría

Charla acerca dos coidados e alimentación para pacientes diabéticos en Baiona

O Multiusos Ángel Bedriñana acolle este mércores, 13 de marzo ás 11:30 horas, unha charla gratuíta acerca dos coidados e alimentación para pacientes diabéticos. Durante a xornada informarase sobre a diabetes, como controlar a enfermidade e a importancia dun bo control. A charla será impartida por Elena Vilar, ESAD do Centro de Saúde Val Miñor; Marta Losada, Nutricionista do Centro de Saúde Val Miñor; Eugenia García, EIR do Centro de Saúde Val Miñor; e Beatriz Pérez, EIR do Centro de Saúde Val Miñor.