Sin categoría

A sarabia deixa varias saídas de vía sen feridos en Gondomar

En Gondomar, pasadas as 8:30 horas, a sala de operacións do 112 Galicia xestionou diferentes chamadas por saídas de vía no quilómetro 12 da PO-344, en Couso. Aínda que non houbo que lamentar danos persoais, os particulares que contactaron indicaron que acababa de producirse unha forte sarabiada e que polo menos dous vehículos acabaran accidentados. No operativo participaron tanto a Garda Civil de Tráfico como a Policía Local de Gondomar e os operarios de conservación da estrada.