Sin categoría

Cuarta xornada da liga galega de xadrez para o Laroca

Este sábado celebrarase a cuarta xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división, o equipo do Laroca-Nigrán A, despois da vitoria a pasada xornada no Grove ante o equipo do Breogán por 1-3, abandona o derradeiro posto da clasificación, ascendendo ao décimo posto con 4 puntos. Enfrontarase na sede de Cotros ao equipo arousán do CXF-Espazo Xove.

Na segunda división o Laroca-Nigrán B empatou a dous a pasada xornada ante o equipo vigués do Lucena Jaquetones, e ocupa a terceira praza con 6.5 puntos. Este sábado desprázase á Guarda para enfrontarse ao xadrez Albatros B, mentres que o Laroca Nigrán C, que perdeu 2.5-1.5 a pasada xornada en Vilagarcía ante o equipo CXF-Centro Comercial Arousa, ocupa a oitava praza con 5 puntos.

Na terceira división o equipo do Laroca-Nigrán D perdeu por 2.5-1.5 en Mos ante o Club Xadrez Mos I, ocupando a sexta praza con 3.5 puntos. Este sábado enfróntanse en Cotros ao equipo de Salceda Xadrez Dragón A.