Sin categoría

Coñece á Doutora Ana, a nova podóloga de Baiona e o Val Miñor

A pé Podoloxía é unha clínica que chega a Baiona da man de Ana Cabrita Castro, unha veciña de Baiona de 26 anos, do Barrio da Percibilleira. Aos 18 anos empezou a súa formación na Universidade da Coruña no Grao de Podoloxía. Tras 4 anos de carreira decidiu especializarse en Pé Diabético na Universidade Complutense de Madrid, onde logrou graduarse cunha media de 8.5, quedando entre as mellores medias do curso. Tras a súa volta a Galicia empeza a súa vida profesional pasando 3 anos traballando en diferentes clínicas da zona do Val Miñor, Baixo Miño e Vigo.

E como decidiu lanzarse á aventura que supón montar a súa propia Clínica de Podoloxía? Pois sempre o tivo claro, aínda que o certo é que o momento xurdiu só. “Un día estaba co meu pai tomando algo e fixámonos que o local que tiñamos á beira alugábase”, conta Ana. “Eu non as tiña todas comigo, pero o meu pai insistiu e chamou para preguntar, gustáronnos as condicións e animoume a seguir adiante”, engade. Case un mes despois da apertura de A pé Clínica de Podoloxía conta xa con varios pacientes satisfeitos e agradecidos. O seu secreto? A proximidade, amabilidade, profesionalidade e facilidade para explicarlle as cousas aos e as pacientes.