Sin categoría

Triplete de ouro para o CPA Gondomar no Campionato Galego de Grupos Show

O Club Patinaxe Artística Gondomar logrou tres ouros no Campionato Galego de Grupos Show; ouro en cuarteto júnior, ouro en cuarteto sénior e ouro en show júnior. Esta fin de semana o club gondomareño levou moi bo sabor do Campionato Galego, levándose todos os ouros onde tivo participación.

O campionato de cuartetos tanto júnior como sénior celebrouse no Pavillón de Navia o día 2 de marzo, mentres o de grupo show júnior celebrouse o domingo día 3 en Tui. As tres modalidades no que o grupo de Gondomar participou fíxoo subindo ao alto do podio acompañados en todas as xornadas do seu adestrador David Figueroa e a súa preparadora física María Nombela.

Agora tras demostrar en Galicia toda a súa forza en pista, prepáranse para os seus próximos obxectivos sobre rodas.