Sin categoría

O Carme Baiona volve ter un posto na Arribada para recadar fondos para as festas

A Asociación O Carme Baiona terá un posto na Arribada 2024. Para a súa montaxe contou coa colaboración de numerosos veciños, veciñas e empresas que ou ben doaron materiais ou ben achegarán comida para vender no propio posto.

O posto atópase instalado nun dos laterais da Capela de Santa Liberata, entre Castro e Ladeira e os Veteranos do Erizana. Sendo previsores polas posibles chuvias, instalouse unha pequena carpa para que a xente poida achegarse a pedir e resgardarse en caso de mal tempo.

Pásate a desfrutar do típico chouripán ou incluso duns callos ou de peixe espada, algo menos habitual nesta festa e que gusta a todo o mundo.