Este sábado o Concello de Nigrán arranca o Mes da Natureza ás 11:00 horas cun xogo de aventuras para os máis pequenos e pequenas no Auditorio Municipal. Haberá pintacaras para que os nenos e nenas se metan na historia dun xogo no que deberán atopar a galiña desaparecida dunha veciña de Nigrán. Na súa viaxe irán coñecendo outros animais en perigo de extinción de Galicia.
Nigrán inicia o Mes da Natureza cun pintacaras e un xogo infantil

