Convocado para realizar unha entrevista no marco do proxecto “Belesar, Camiños da Memoria” que este ano ten a súa continuidade con “Belesar, camiñando pola prehistoria”, o Mestre non agardaba que no medio da sesión de gravación apareceran as nais destes alumnos que, á súa vez, eran os seus ex alumnos. Dúas xeracións en conversa informal cargada de emoción, amor e agradecemento.
Manolo Rodríguez foi mestre en Belesar durante trinta anos ata a súa xubilación hai oito anos. A día de hoxe continúa en contacto estreito co centro e vai xerando “escola” alí por onde vai. O centro convida a todos os membros da comunidade educativa a achegarse a Radio Belesar, a radio da escola, para conversar co seu alumnado e axudar a recuperar e manter a memoria do lugar.
A entrevista pode escoitarse ou verse en vídeo e está accesible na páxina web do centro educativo.

