Sin categoría

Gondomar inicia o próximo luns as obras da Praza Manuel Alonso

O Concello de Gondomar informa que o próximo luns, 26 de febreiro, comezarán as obras de acondicionamento da Praza Manuel Alonso (Alameda), quedando o tráfico rodado pechado pola rúa Manuel Losada en sentido subida e aberto con dobre sentido de circulación pola rúa San Bieito. O alcalde, Paco Ferreira, convoca aos comerciantes e á veciñanza a unha xuntanza este venres, día 23 de febreiro, ás 20:00 horas na Xefatura da Policía Local.