Unha persoa foi evacuada ao inhalar fume tras un incendio nunha vivenda, en Baiona. A muller foi trasladada ao centro hospitalario de referencia polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, con síntomas de intoxicación polo fume provocado. O incendio tivo lugar na súa vivenda, situada en Santa Cristina da Ramallosa. Todo parece indicar que se iniciou no salón da casa. Ao fío das 16:45 horas, un particular informou ao 112 Galicia de ver unha fumareda a través da galería dunha vivenda. O propio alertador indicou que a propietaria da casa atopábase na rúa pero sen saber se fora afectada polo incendio.
O GES de Val Miñor desprazouse ata o lugar dos feitos e puideron certificar que o lume xa estaba extinguido. Realizaron diversas labores de ventilación e confirmaron que soamente ardera unha parte dos estores do salón, sen afectar ao mobiliario da vivenda. Tras inspeccionar o piso concluíuse que o lume comezara nun deshumidificador. Pese a todo, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron o traslado dunha persoa por inhalación de fume. Ademais, tamén acudiu ata o lugar do suceso unha patrulla da Policía Local de Baiona.

