Sin categoría

O CPA Gondomar consegue a maior puntuación no Trofeo Deputación

Este sábado 17 de febreiro o Club Patinaxe Artística Gondomar subiu ao podio coa maior puntuación do Trofeo Deputación, que tivo a súa sede en Noia, no Pavillón Agustín Mouris, desde as 9 da mañá co contacto pista cadete masculino finalizando ás 21.45 coa competición sénior feminina.

As deportistas do CPA Gondomar saíron a pista demostrando a forza e velocidade que as caracteriza. Xiana Fernández conseguiu a maior puntuación do trofeo con 41,82 en xuvenil feminino, subindo ao máis alto do podio e levándose o ouro. Lola Álvarez conseguiu a prata na mesma categoría. María Moldes en categoría cadete tamén se levou o primeiro posto e Carla Gilsanz o terceiro. En categoría júnior Paula Gilsanz logrou un segundo posto.

Os cinco podios femininos son resultado do esforzo e duro traballo diario do adestrador David Figueroa e as patinadoras, que demostraron en programas curtos como inicio da súa tempada.