Sin categoría

Cea-baile con lacón con grelos en Morgadáns

A Comisión de Festas Santiago de Morgadáns organiza o vindeiro sábado 24 de febreiro unha cea-baile con lacón con grelos no salón parroquial de Morgadáns. O menú, cun prezo de 22 euros, inclúe lacón, grelos, pataca, chourizo, bebida, sobremesa e café. O evento, que comezará ás 21:30 horas, estará amenizado polo trío D’Líder. Reservas nos teléfonos 630822184 (Eva) e 667457037 (Javi).