Sin categoría

A Garda Civil detén a tres persoas a bordo dun vehículo cun quilo de haxix

A Garda Civil detén a tres persoas na madrugada desta noite, durante o desenvolvemento dun control de identificación de persoas e vehículos na peaxe da AP 9, en Caldas de Reis. Co fin de evitar o porte de drogas e/ou armas ou obxectos perigosos a zonas de lecer e reunión, proceden a dar o alto a un vehículo con tres ocupantes.

Procédese a verificar os aveños que portan e posteriormente a rexistrar o habitáculo do vehículo, localizando debaixo do asento do condutor unha bolsa de plástico que contén no seu interior un paquete en cinta de embalar de cor marrón, cun peso aproximado de 1 kg. No seu interior hai 10 placas dunha substancia gomosa de cor marrón que desprende un forte cheiro a haxix, cunha etiqueta e unha foto dunha planta de cánnabis.

Debido ao nerviosismo dos ocupantes pídese apoio a varias patrullas e procédese á detención das tres persoas por un posible delito contra a saúde pública por tenencia de drogas. Trátase de 3 homes de 39, 22 e 42 anos, o último con antecedentes por tráfico de drogas, e con domicilios en Santiago, Ourense e Coruña. Os tres son postos en liberdade en sede policial, e as dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Caldas, onde comparecerán cando sexan citados para iso.