Os barcos de Piratas de Nabia realizarán saídas durante os días 2 e 3 de marzo co fin de poder achegar aos visitantes que queiran gozar dunha Festa da Arribada sen preocupacións por atascos ou procura de aparcamento, mellorando o desfrute para todos nunha Baiona con menos vehículos privados. Ademais, os viaxeiros que elixan Piratas de Nabia para desprazarse a Baiona, chegarán á vila como o fixo o capitán da Pinta, Martín Alonso Pinzón, fai máis de cinco séculos, en barco.
Os barcos partirán desde os portos de Vigo, Cangas, Moaña e Panxón e o billete terá un prezo de 10 euros para adultos, ida e volta, e de 6 euros para os menores de 4 a 12 anos. Ademais, entre o porto de Panxón e Baiona tamén se habilitará unha liña regular de barco con saídas cada hora, cun prezo de 6,50 euros para os adultos e de 4 euros para os máis pequenos.
Para as persoas previsoras, Piratas de Nabia ofrece un código desconto PIRATAS24 na web para obter 1 euro de desconto nos billetes de adulto e 0,50 euros nos dos nenos (aplicable só na web). Tamén se pode chamar ao 986 320 048, a súa central de reservas.


