Expourense acolleu este domingo o XXIX Campionato Xunta de Galicia Sub18 en Pista Cuberta, con grandes actuacións e unha gran porcentaxe de MMP. O gondomareño Adrián Bernárdez converteuse nun dos claros dominadores nas probas de velocidade logo de acadar os títulos autonómicos sobre os 60 metros e os 200 metros. O atleta do Celta logrou senllas medallas de ouro cunha marca de 7.16 e 22.56 respectivamente.
O gondomareño Adrián Bernárdez proclámase dobre campión galego Sub18 en Pista Cuberta


