A Asociación Carnavales de Mañufe levou este martes o terceiro premio na categoría absoluta no Desfile-Concurso de Entroido de Tui. Con “Bauhaus, fantasía racional”, unha representación da escola de arte e arquitectura Bauhaus fundada en 1919, foron ademais os gañadores do segundo premio en carrozas. Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para gozar coa creatividade, o colorido, o humor, a imaxinación… das 12 comparsas participantes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.
Mañufe leva o terceiro premio do Desfile-Concurso de Entroido de Tui



