Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este martes, 13 de febreiro, os municipios de Nigrán e Baiona. Estará situada diante do Concello de Nigrán en horario de 16:00 a 21:00 horas e na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, tamén de 16:00 a 21:00 horas. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se está a tomar algún medicamento. Non é necesario pedir cita previa.
Unha unidade móbil de doazón de sangue visita Nigrán e Baiona

