O Concello de Baiona convocou para este luns, 12 de febreiro, ás 12:00 horas, un minuto de silencio ás portas do consistorio en sinal de duelo polo falecemento en acto de servizo de dous gardas civís na localidade gaditana de Barbate. A convocatoria está aberta a toda a cidadanía que queira mostrar o seu apoio ás familias dos falecidos e recoñecer o labor que realizan os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Baiona súmase así á convocatoria da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) como mostra de apoio e solidariedade coas familias, pola cruel morte en acto de servizo dos gardas civís na loita contra o narcotráfico.
Baiona convoca un minuto de silencio pola morte de dous gardas civís en Barbate

