Sin categoría

Nigrán ofrece un baile de Entroido con música en directo

O Concello de Nigrán ofrece este martes 13 de febreiro un baile de Entroido a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal e a música en directo de Trío Azar. Ademais, haberá chocolate e orellas para todos os asistentes. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Este sábado 10 desde as 17:30 horas no Auditorio Municipal será a festa de Entroido para os máis pequenos e o venres 16, Nigrán vivirá o seu día grande co concurso de comparsas que arrancará ás 20:30 co pasarrúas da batucada de “Bate no Cobre” desde Telleira ao cruce con Ceán seguido polas diferentes formacións participantes. Como é costume, o Entroido nigranés o pechará o tradicional enterro do kiko o sábado 24 co boneco sendo tirado por unha parella de bois desde a Praza do Concello (18:00 horas) ata o torreiro de Parada, onde se lle realizará o velorio coa misa previa á incineración.