Sin categoría

O Carme Baiona sorteará unha noite con almorzo para dúas persoas no Glamping do Mar de Baredo

Hai uns días, O Carme Baiona anunciaba un sorteo moi especial que non deixaría indiferente a ninguén e así foi. Tras cubrir ata 500 números en pouco máis dunha semana a asociación fará o sorteo este venres durante o bingo diante de todos os asistentes. Pois ben, esta semana o gañador ou gañadora xa poderá gozar dunha marabillosa noite no Glamping do Mar de Baredo que, ademais, inclúe un almorzo para dúas persoas. O plan perfecto para gozar como agasallo de San Valentín en parella. A este premio súmase un agasallo máis só por participar doado pola Joyería Gema para a Asociación O Carme como mostra de colaboración co traballo que se está realizando para poder levar adiante as Festas O Carme 2024.