Sin categoría

Nigrán ofrece unha festa do Entroido para os máis cativos

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 10 de febreiro desde as 17:30 horas no Auditorio Municipal a súa festa de Entroido para os máis pequenos. Será unha tarde de diversión a base de xogos e bailes dirixidos polo Rey Midas e na que todos os participantes subirán ao estrado para lucir o seu disfrace. Non é preciso inscrición previa e todos aqueles que acudan disfrazados levarán un pequeno agasallo.

A programación continúa o martes 13 a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal cun baile de Entroido a cargo de Trío Azar no que non faltarán orellas e chocolate. A continuación, o venres 16, Nigrán vivirá o seu día grande co concurso de comparsas que arrancará ás 20:30 co pasarrúas da batucada de “Bate no Cobre” desde Telleira ao cruce con Ceán seguido polas diferentes formacións participantes (as asociacións interesadas teñen ata o 9 de febreiro inclusive para inscribirse). Como é costume, o Entroido nigranés o pechará o tradicional enterro do kiko o sábado 24 co boneco sendo tirado por unha parella de bois desde a Praza do Concello (18:00 horas) ata o torreiro de Parada, onde se lle realizará o velorio coa misa previa á incineración.