O CEP Sabarís e a EEI O Areal celebraron este martes o seu tradicional desfile de Entroido. Os escolares partiron desde a Praza Victoria Cadaval para completar un percorrido de ida e volta pola Avda. Julián Valverde ata o Centro Antena, tamén coñecido como Casa Rosa. A agricultura e horticultura foi a temática elixida polo CEP Sabarís, representando agricultores e horticultores, tractoristas, espantallos, caracois ou paxaros. Pola súa banda, O Areal dedicoulle o seu desfile á arte.
A agricultura e a arte, protagonistas no desfile escolar de Sabarís

