O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Iglesias Rodríguez, participaron onte na realización da fotografía oficial da tempada do Baíña Fútbol Sala. O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona foi o lugar elixido no que se fixeron as instantáneas por parte de V.S. Fotografía. Durante a xornada deportiva do domingo o Baíña F.S. luciu un lazo verde sumándose á campaña da Asociación Española contra o Cancro, que instalou unha mesa informativa na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes.
Fotografía oficial da tempada do Baíña Fútbol Sala

