Sin categoría

Abertas as inscricións da 18ª Feira de Oportunidades “Portobelo” en Gondomar

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- e o Concello de Gondomar están a organizar a 18ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, “Portobelo”, que se celebrará o vindeiro domingo día 25 de febreiro na Praza Paradela, en Gondomar.

Dita Feira de carácter multisectorial, celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

Os interesados en participar poden obter máis información sobre o evento contactando coa Asociación OVALMI no teléfono 986 36 67 30 ou no correo asociacion@ovalmi.com antes do 19 de febreiro.

Así mesmo, pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.