Acto público do BNG no Val Miñor

Dentro do calendario de actos da campaña das eleccións ao Parlamento galego, o BNG celebrará mañá sábado 2 de febreiro ás 20:00 horas o seu acto central no Val Miñor. Será presentado por Yasmina Moreira, terá lugar no Multiusos de Sabarís (Baiona) e nel participarán os candidatos Brais Rúanova, Carmela González e o cabeza de lista pola circunscrición de Pontevedra, Luís Bará.

Dende o BNG do Val Miñor convidan á veciñanza a se achegar a este acto en que, baixo o lema “Agora!”, falarán das principais propostas do seu proxecto de goberno para Galicia. “A Galiza viva, forte, xusta e con futuro que, concentrando o voto no BNG, virá da man dun goberno serio e capaz presidido por primeira vez por unha muller, Ana Pontón”.