Esta semana a asociación O Carme Baiona reuniuse cunha restauradora para analizar os danos e o desgaste da imaxe da Virxe do Carme. A secretaria de O Carme Baiona e graduada en Historia da Arte, María Cedeira, puxo en valor a necesidade da restauración para que a Virxe do Carme siga sendo a protagonista de Baiona.
Ademais, a asociación espera poder ampliar o soporte para facilitar o traballo dos costaleiros durante a procesión. Trátase dun soporte moi valorado feito a man hai anos e que só se usa para a Virxe do Carme.
Este ano tamén volve o posto de O Carme á Arribada de Baiona. “Trátase do maior evento cultural da vila que serve para moitas asociacións a modo de recadación para logo sacar adiante proxectos que manteñen vivo o pobo todo o ano”, afirma o presidente de O Carme Baiona.
Este mes seguen os bingos, a principal actividade coa que financiarán tanto as reparacións como as Festas O Carme 2024, para a que están a ultimar detalles e que anunciarán moi pronto.

