Bo espectáculo e rexistros interesantes no Campionato Xunta de Galicia absoluto disputado o pasado sábado en Expourense e no que preto de catrocentos atletas competiron durante todo o día polo título galego máis importante da pista curta galega do presente ano. A baionesa Andrea Pais correu os 200 metros, parando o crono en 24.90 en semifinais e en 24.88 na final, logrando a súa mellor marca persoal e proclamándose campioa galega. Estes resultados sitúan á deportista do Atletismo Alcorcón líder no ranking galego da distancia.
A baionesa Andrea Pais proclámase campioa galega

