A parroquia gondomareña de Mañufe celebra o sábado 3 de febreiro as grandes festas na honra de San Blas. Ás 10:30 da mañá fará entrada e pasarrúas na Vila de Gondomar a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ás 12:30 comezará a Misa Maior son sermón seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, a partir das 21:30 horas, a gran verbena no torreiro de festas estará amenizada polo trío Rever e a Polémica Banda dos Bechuchos. Tamén haberá misas ás 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas.
Mañufe celebra as festas de San Blas

