Sin categoría

Un motorista de Nigrán falece en Vigo despois de colidir contra un turismo

Un motorista de Nigrán de 53 anos faleceu en Vigo despois de colidir a moto que conducía contra un turismo. Os tres ocupantes do vehículo resultaron feridos e, aínda que non parecían revestir gravidade, foron trasladados dous deles ao Hospital Álvaro Cunqueiro e un á Clínica Fátima de Vigo.

Ao fío das oito da tarde deste xoves un particular contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Advertía dunha colisión grave entre un coche e unha moto na PO-325, quilómetro 30.7, en Coruxo, en Vigo. A partir de aí, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Unha vez no punto, o persoal sanitario confirmou o falecemento do motorista e o traslado dos tres ocupantes do vehículo. Con todo, indicaron que os feridos non parecían revestir gravidade.