O Coro Galego Cantares do Brión ofrecerá este sábado 27 de xaneiro o seu primeiro concerto do ano. Será a partir das 20:00 horas no Centro Cultural de Vincios, coa participación de Volta e Dálle, que achegará parte do seu repertorio, e xuntos esperan facer pasar aos asistentes unha tarde chea de música e baile. Haberá sorpresiñas.
Concerto de Cantares do Brión en Vincios

