Sin categoría

A Piscina Mancomunada do Val Miñor adhírese ao Bono Deporte da Xunta de Galicia

O grupo Serviocio adheriuse ao Bono Deporte promovido desde a Xunta de Galicia. Unha iniciativa que busca fomentar a práctica deportiva entre os mozos en idade escolar. Este bono xa pode solicitarse a través de http://www.bonodeporte.gal e poderá utilizarse ata o próximo mes de xullo.

A axuda de 120€ será trocable nos centros galegos de Serviocio, entre os que está a Piscina Mancomunada do Val Miñor situada na Ramallosa, por numerosos produtos e servizos. Destaca a súa ampla oferta para os nenos, como abonos familiares, escolas de natación, cursos deportivos, actividades e clubs infantís, campamentos, días sen cole e tamén os seus produtos en tenda deportiva.

Ao adherirse a esta iniciativa, Serviocio reafirma o seu compromiso coa importancia de realizar práctica deportiva, neste caso, desde unha temperá idade. O deporte garante un estilo de vida saudable e a creación e consolidación duns bos hábitos que serán beneficiosos no crecemento dos nenos e nenas, así como no seu desenvolvemento físico posterior para a vida adulta.