Sin categoría

Nigrán convoca este luns unha limpeza de pellets en Patos e Prado

O Concello de Nigrán fai un novo chamamento á cidadanía para retirar pellets procedentes do mercante Toconao mañá luns 15 de xaneiro desde as 16:00 horas na praia da Patos e Prado (punto de encontro: aparcadoiro das escolas de surf). O obxectivo é quitar os que aparezan e avaliar o efecto do temporal.