Sin categoría

A Garda Civil detén a dúas persoas como autores dun suposto delito de tráfico de drogas

Compoñentes do Posto de Marín, en colaboración coa Patrulla e o Equipo de Investigación da Compañía de Pontevedra, deteñen a dúas persoas como supostos autores dun delito de tráfico de drogas na localidade de Bueu. A súa detención culmina unha investigación iniciada hai dous meses, cando se detecta a posible comisión dun delito de tráfico de drogas, nun domicilio situado no centro do casco urbano de Bueu.

Tras a entrada e rexistro do domicilio practicada con autorización da autoridade xudicial, no seu interior intervéñense 430 doses de heroína e 70 de cocaína, ademais de 2.000 € en efectivo. Os detidos son un home de 58 anos e unha muller de 46, residentes no domicilio rexistrado. Os dous contan con antecedentes pola comisión de delitos de tráfico de drogas.

Esta operación enmárcase na loita contra o tráfico de drogas a pequena escala, tendo en conta a alarma social e a inseguridade que provocaba para os veciños de Bueu.