Este sábado 13 de xaneiro ás 18:00 horas terá lugar no Auditorio de O Torreiro de Priegue a primeira Máster Class de Zumba. O evento organízao o grupo de zumba de Priegue xunto co seu monitor, Jean Cabal. Ademais contarán coa participación de instrutoras de zumba doutros concellos como a de Mos, Tomiño, Vigo, Pontevedra, entre outras.
O obxectivo deste evento é crear un espazo sen prexuízos, cómodo e divertido, para dar a coñecer un deporte como é Zumba, o ambiente que se xera practicándoo, os diferentes estilos dos profesores, o que nos pode achegar a nivel persoal e físico, “romper” esas barreiras que nos atopamos cando nos iniciamos nun deporte.
O evento estará aberto para todo o público, cunha entrada de 5 euros por persoa.

