Sin categoría

Baiona abre o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado Medieval da Arribada

O Concello de Baiona informa que desde este martes 9 de xaneiro e ata o vindeiro venres 9 de febreiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2024. Todas aquelas persoas que o desexen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval, que este ano cumpre a súa XXVIII edición e na que se conmemora o 531 Aniversario da Arribada.

A Festa celebrarase o 1, 2 e 3 de marzo de 2024. Poderanse descargar tanto as bases reguladoras como a solicitude (Anexo I e II) na páxina web http://www.baiona.gal e no taboleiro de anuncios do Concello de Baiona a partir do martes 9 de xaneiro. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase un correo electrónico mercadoarribada@baiona.gal e un teléfono de consultas 699199400 de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A organización da festa xa está a traballar para que o 531 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, ao grande.