Sin categoría

As ANPAS de O Areal e Sabarís e o Club de Bolos Estivada gañan o concurso de decoración de Baiona

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos e Medio Ambiente, entregou este venres na Praza do Concello os premios do concurso de decoración de Adornos de Nadal 2023-2024 con materiais de reciclaxe.

Na categoría de institucións e centros educativos regrados e non regrados, escolas de danza, música, idiomas, etc. os gañadores son:

  • 1º PREMIO: 800€ ao ANPA O AREAL + ANPA CEP SABARÍS obtendo un total de 11,67 puntos por “Fun Fun Rakatapum”.
  • 2º PREMIO: 400€ ao ANPA COVATERREÑA obtendo un total de 11 puntos por “Un Nadal sobre rodas”.
  • 3º PREMIO: 200€ ao ANPA EL ROSARIO DE BELESAR obtendo un total de 10,10 puntos por “Belenadal”.
  • 4º PREMIO: 100€ ao ANPA GALIÑA AZUL obtendo un total de 8,77 puntos por “Folerpiña”.
  • 5º PREMIO: 100€ ao ANPA 1º DE MARZO obtendo un total de 6,81 puntos por “Segundas Oportunidades”.

Categoría asociacións culturais, sociais, deportivas, comunidades (veciños, montes, augas etc.)

  • 1º PREMIO: 800€ a CLUB DE BOLOS ESTIVADA obtendo un total de 15,30 puntos por “Locomotora do Nadal”.
  • 2º PREMIO: 400€ a CARLOS OJEA DA ROCHA obtendo un total de 10,09 puntos por “Bosque de Nadal”.
  • 3º PREMIO: 200€ a ASOCIACIÓN LA ESPERANZA DEL VALLE MIÑOR (CENTRO JUAN MARÍA) obtendo un total de 10 puntos por “Chegaron os Trasnos”.
  • 4º PREMIO: 100€ a ASOCIACIÓN CULTURAL GIROS DANZA obtendo un total de 9,05 puntos por “Segunda Vida”.
  • 5º PREMIO: 100€ a MIGUEL CARBALLAL RODRÍGUEZ obtendo un total de 8,71 puntos por “Airiños de Nadal”.

Presentáronse a concurso un total de 15 solicitudes repartidas nas dúas categorías, nas que o xurado composto por persoas destacadas do municipio e relacionadas coa estética, escenificación, belas artes e xornalismo, Jorge Trigo, Jacobo Lijó e Bernardo Montaña, e dúas técnicas do Concello de Baiona, valoraron cada traballo de forma individual puntuando como criterios a orixinalidade e innovación e a decoración.