O Concello de Nigrán despediu o ano este sábado coa tradicional carreira San Silvestre Solidaria en Panxón. Como é xa tradicional, a San Silvestre de Nigrán é unha quedada solidaria onde os participantes deben achegar 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco Municipal sen necesidade de inscrición previa. A carreira non competitiva arrancou ás 18:30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Panxón para percorrer o Paseo Marítimo ata chegar ao fin de Praia América en Lourido e volver ao punto de partida. Ao rematar os participantes recuperaron forzas cunha chocolatada.
Deporte e solidariedade en Nigrán para despedir o ano









