Este sábado 30 de decembro, entre as 11:00 e as 13:00 horas, haberá unha xornada lúdica e non competitiva de xadrez baixo a carpa da Praza do Concello de Baiona. O monitor de xadrez nas escolas deportivas, Guillermo P.M., xogará partidas simultáneas con quen se achegue á praza ou queira unha clase exprés para aprender a xogar. Haberá un punto de recollida de alimentos para a ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”. Tamén existirá unha folla de información para a posta en marcha dunha asociación cultural-deportiva de xadrez.
Xornada lúdica de xadrez en Baiona

