Sin categoría

Baiona adiántase ao Fin de Ano con prebadaladas e concerto de La Patrulla

O ano 2024 adiántase en Baiona. O Concello organiza, en colaboración con Aceba, unha festa de prebadaladas de Fin de Ano que incluirán ademais un concerto do grupo La Patrulla. A cita festiva comezará este venres 29 de decembro ás 23:15 horas na Praza do Concello coa actuación deste grupo. Tras as primeiras cancións, que quentarán o ambiente para a festa, haberá unha pausa a medianoite para dar paso ás badaladas e ás uvas, para continuar gozando da música.

As prebadaladas comezaron a celebrarse hai uns anos por iniciativa da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, e o propio Concello quixo brindar o seu apoio ao empresariado da vila sumándose á organización. Os propios locais do Casco Vello repartirán previamente uvas entre a súa clientela para todos aqueles que queiran acudir ata Baiona a celebrar o fin de ano adiantado.