O Concello de Nigrán entregou un ano máis as tradicionais cestas de Nadal ao grupo de voluntariado do Roupeiro Municipal, Banco de Alimentos, eliminación de velutinas (Jesús Barros), ao profesor do obradoiro de informática para maiores, monitora de manexo de teléfonos móbiles e ao voluntario de colonias felinas. O goberno local agradece cada ano publicamente e deste xeito o esforzo deste grupo que traballa desinteresadamente para o beneficio do propio municipio e a súa veciñanza.
“Grazas a vós é posible que saian adiante cuestións claves para este goberno local que se encadran na vertente social de ‘Un Nigrán para todos’ e tamén na loita pola contención e erradicación da avespa asiática na localidade. Estades ao servizo da veciñanza de xeito totalmente desinteresado durante todo o ano e desde o Concello cómpre agradecelo tamén publicamente. Grazas pola vosa solidariedade, compromiso e bo facer”, subliña o alcalde, Juan González.

