Sin categoría

Papá Noel surfea as ondas de Patos

Este sábado volveu á praia de Patos unha nova edición dos Papá Noeles Surfeiros, organizada pola Asociación de Escolas de Surf de Patos e o Concello de Nigrán. Un ano máis, centos de Papá Noeles Surfeiros chegaron á praia de Patos para dar a benvida ao Nadal.

Prado Surf Escola, La Conservera del Surf, Pointbreak Patos, Patos Surf School e Dacss organizaron xunto ao Concello de Nigrán esta actividade na que ademais se colabora con doazóns para o Banco de Alimentos Municipal. Tras quentar e a foto de familia de rigor, os ao redor de 150 participantes, ataviados co clásico gorro de Papá Noel, botáronse á auga para cabalgar as ondas, e ao finalizar, recuperar forzas cunha gran chocolatada e rosca.

A xa tradicional cita do Nadal arrancou ás 11:00 na praia de Patos. Os participantes levaron 1 kg de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos de Nigrán. Ademais, todo o que queira pode facer a súa doazón durante toda esta semana en El Monopatín Skate Café Bar.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.