O Instituto de Estudos Miñoráns, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza o obradoiro literario “Con Masha por Dakota”, impartido por María Álvarez Martínez, Masha, gañadora do XV Certame de Poesía Victoriano Taibo. O obradoiro, de carácter gratuíto, constará de seis sesións presenciais que se desenvolverán os sábados 27 de xaneiro, 3 e 24 de febreiro e 2, 9 e 16 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 horas na sede do IEM en Gondomar. O prazo de inscrición comezou este luns 18 de decembro e permanecerá aberto ata completarse as prazas dispoñibles.
Preténdese que o obradoiro sexa eminentemente práctico, onde as/os asistentes poidan crear novas composicións ou incluso mellorar as que xa teñen, mediante o análise e uso das técnicas que levaron a Masha a vencer na última edición do xa senlleiro certame miñorán. O grupo PUGA do IEM espera que o obradoiro serva tanto para a promoción do uso do idioma galego mediante a poesía así como a creación dunha canteira de poetas da que poidan saír futuras/os participantes e gañadoras/es do Certame de Poesía Victoriano Taibo.
As inscricións faranse preferentemente no formulario da ligazón seguinte ou no código QR anexo. O proceso é moi sinxelo e pode facerse dende o propio móbil. En caso de ter algún problema pódese chamar ao número de teléfono 687553651 para recibir axuda.


